luns, 17 marzo 2014

Concello e sindicatos velarán polo reparto de traballo e salarios dignos nas obras públicas

luns, 17 mar 2014

Concello e sindicatos elaborarán un Código de desenvolvemento social da dignidade laboral das obras públicas de Vigo para recoller nun documento as medidas que xa está a adoptar o goberno local: reparto de horas de traballo, salarios dignos e cumprimento das normas laborais. Así o acordaron responsables das tres centrais nun encontro co alcalde de Vigo no que lle solicitaron continuar coas políticas keinesianas de xeración de emprego.

Vigo súmase ó Día Internacional da Narración Oral

luns, 17 mar 2014

Cada 20 de marzo, coincidindo coa chegada da primaveira, celébrase en máis de 25 países o Día Internacional da Narración Oral. O Concello de Vigo a través do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo) ten preparado para ese día unha actividade de contadas onde participará o propio alumnado. Terá lugar na Editorial Elvira (rúa de Santiago, 11-Casco Vello Alto), ás 20:00. Tamén participarán as contadoras Ana Carreira e Paula Carballeira.

Inversa Teatro presenta "Fémina Sapiens"

luns, 17 mar 2014

A Concellería de Cultura e Festas colabora coa compañía INVERSA Teatro para a representación do seu espectáculo Fémina Sapiens, que terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), o mércores 19 e o xoves 20 de marzo, a partir das 21:00 h.<br /> Fémina Sapiens é un solo teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio, onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens (ou se, pola contra somos máis proclives á involución) e onde se cuestiona a linguaxe e o rol imposto á muller desde a propia decisión da bipolaridade Muller-Homo.