luns, 6 mai 2013
Caballero inaugurou este luns a primeira das dúas fases da humanización da rúa Brasil, na que o goberno local inviste 1,9 millóns. O alcalde adiantou que os seis millóns do superávit do Concello do pasado ano irán "masivamente para humanizacións", unha "reclamación prácticamente xeralizada nesta cidade".
venres, 26 abr 2013
A Xunta de Goberno local decidiu encargar 12 proxectos de actuacións en distintas rúas de Vigo por un importe de 4,6 millóns de euros. O rexedor destacou que ademais de renovar a cidade, estes investimentos keynesianos xerarán centos de postos de traballo.
venres, 12 abr 2013
A primeira fase da humanización da rúa Camelias comezará en quince días, cun orzamento de preto de 700.000 euros, entre o tramo de Praza Independencia ata a rúa Ourense. O custo da actuación total da rúa ascende a 6,5 millóns de euros e está financiada a cargo do Plan de Investimentos de Aqualia.
xoves, 11 abr 2013
O alcalde de Vigo lembrou que desde o ano 2007 o goberno local realizou máis de 900 actuacións en melloras das rúas cun investimento de 318 millóns de euros. Segundo dixo, só durante o ano pasado humanizáronse 8 quilómetros de rúas e avanzou que "vai seguir coa revolución da mellora da cidade".
venres, 22 mar 2013
Coincidindo co Día Mundial da Auga, Abel Caballero e os responsables da concesionaria da auga entregaron este venres os premios do Concurso Internacional de Debuxo Infantil, no que participaron máis de 1.000 escolares de 28 colexios da cidade.
venres, 22 mar 2013
Abel Caballero reiterou hoxe venres a vontade de diálogo do Concello para buscar acordos respecto as taxas polo uso do túnel de Beiramar, propoñendo un encontro entre a directora da Autoridade Portuaria e o concelleiro de Fomento. Tal e como explicou o rexedor, a Xunta de Goberno Local deu conta hoxe luns do recurso de reposición contra estas liquidacións realizadas polo organismo portuario.
mércores, 20 mar 2013
O alcalde asistiu este mércores á posta en marcha da fonte de Rosalía de Castro, que conta cun novo deseño máis eficiente e chamativo, con tecnoloxía led, control de luces e dinamismo nos chorros de auga. A mellora supuxo un custe de 40.000 euros para o Concello
martes, 12 mar 2013
O alcalde anunciou este martes que será o Concello de Vigo o que asuma o arranxo dos nichos en mal estado do cemiterio de Teis para evitar o seu derrubo, pese a ser de titularidade privada. A situación crea "alarma e preocupación", o número de afectados é "elevado", polo tanto o goberno local acometerá a obra.
venres, 8 mar 2013
O goberno local ven de aprobar unhas normas nas que se aglutinan o protocolo que debe seguir Aqualia na adxudicación das obras do Plan de Investimentos, dotado con 20 millóns de euros. Trátase, dixo o rexedor, de que a concesionaria contrate coa mesma transperencia que se fora unha administración pública.