O alcalde anuncia a adxudicación definitiva de humanizacións por valor de 15,5 millóns

venres, 30 dec 2011

A Xunta de Goberno Local validou, entre este venres e onte xoves, a adxudicación definitiva das obras de humanización de Doutor Marañón, Pintor Colmeiro, Menéndez Pelayo, Brasil, as segundas fases de Ramón Nieto, Aragón e Martínez Garrido, Nicaragua e un treito da Avenida Castelao por valor total de 15,5 millóns. O goberno tamén deu luz verde á reforma interior da escola infantil de Mestres Goldar, que terá 100 prazas.

Caballero sinala que a nova instalación fotovoltaica xera o 5% da enerxía que consume o Parque Central de Servizos

venres, 30 dec 2011

O alcalde visitou este venres o parque central de Lavadores, onde o Concello dispuxo unha instalación fotovoltaica que xera enerxía eléctrica limpa equivalente ao 5% do consumo do centro, cunha producción de 21,9 megavatios por hora. Este "elemento de aforro enerxético moi importante" súmase ás placas térmicas habilitadas no teito do mesmo, que proporcionan o 40% da calefacción empregada polo Parque.

O alcalde anuncia a adxudicación provisional de humanizacións de rúas por máis de 15 millóns

venres, 23 dec 2011

A Xunta de Goberno Local validou este venres a clasificación de ofertas das obras de humanización de Doutor Marañón, Pintor Colmeiro, Menéndez Pelayo, Brasil, as segundas fases de Ramón Nieto, Aragón e Martínez Garrido, Nicaragua e un pequeno treito da Avenida Castelao, a iniciar nun prazo aproximado de dous meses. Caballero resaltou que "queremos seguir facendo humanizacións en todo Vigo porque é o que a cidade demanda e é o noso compromiso político e electoral con esta cidade".

Caballero participou na visita realizada por técnicos chineses ao servizo municipal de augas de Vigo

martes, 15 nov 2011

O alcalde estivo presente este martes na visita realizada por técnicos do saneamento de Pequín ao servizo municipal de augas de Vigo, nas instalacións de Aqualia na rúa Cantabria. A delegación chinesa puido coñecer de primeira man os pormenores da xestión viguesa da auga e puxeron en común cos responsables vigueses o deseño e as ferramentas empregadas no saneamento.

O goberno vigués aprobou hoxe venres humanizacións por máis de 19 millóns de euros

venres, 4 nov 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou dos acordos adoptados hoxe na Xunta de Goberno Local, onde aprobouse a tramitación para adxudicar, antes de finalizar o ano, humanizacións de rúas por máis de 15 millóns de euros, ademáis de adxudicar definitivamente a reforma en tres fases de Severino Cobas, cun investimento de 3,5 millóns de euros. Caballero defendeu as humanizacións como embelecedoras da cidade e xeradoras de postos de traballo.

O alcalde anuncia a contratación da humanización de Severino Cobas, cun investimento de 3,5 millóns de euros

venres, 28 out 2011

A Xunta de Goberno Local deu este venres luz verde á contratación da urbanización da rúa Severino Cobas, composta por tres fases que iniciaranse ao mesmo tempo cun orzamento de 3,5 millóns. Abel Caballero tamén informou do acordo adoptado polo goberno de Vigo que permite a apertura do aparcadoiro soterrado de Areal e da humanización en superficie.

O alcalde felicitou aos servizos municipais de emerxencia, que realizaron 148 intervencións polo temporal

xoves, 27 out 2011

Abel Caballero eloxiou este xoves o dispositivo de emerxencia municipal disposto ante a alerta laranxa da tarde de onte, que deixou en Vigo 97,4 litros por metro cadrado de precipitacións causando inundacións polo desbordamento do Lagares, en Julián Estévez e en Areal principalmente. O alcalde indicou que a cidade e as humanizacións comportáronse "francamente ben" e apuntou que o encoro de Eiras incrementou 20 puntos a porcentaxe de volume embaslada.

O alcalde mantén as medidas de emerxencia e recomenda consumo responsable de auga

mércores, 26 out 2011

As choivas rexistradas nos últimos días na cidade elevaron do 41,7 ao 46,02% o volume de auga embalsada en Eiras, o encoro que da servizo a Vigo, o que "alivia" a situación do abastecemento pero non invalida as medidas de emerxencia e consumo responsable adoptadas polo goberno de Vigo. Abel Caballero asegurou que, nestes días de precipitacións, a cidade gañou 10 días de consumo.

O alcalde solicitará oficialmente á Xunta construir de urxencia o trasvase para o abastecemento de auga de Vigo

luns, 17 out 2011

Abel Caballero anunciou este luns a convocatoria dunha Xunta de Goberno Local para solicitar da Xunta de Galicia "oficialmente a declaración de zona de atención inmediata e preferente" do abastecemento de auga de Vigo, e enviará un requerimento para que constrúa a conexión de emerxencia entre a unión dos rios Verdugo e Oitavén coa rede viguesa. A situación é "preocupante" e en dúas ou tres semanas podería notarse unha merma na calidade da auga.