O goberno local ultima o inicio dos traballos para mellorar as redes de servizo no casco urbano
O alcalde informou este luns da aprobación dos plans de seguridade e saúde e o nomeamento da dirección facultativa dos traballos de renovación das redes de saneamento no casco urbano, nunha primeira fase. O Concello acometerá as melloras cun orzamento próximo aos 600.000 euros nos entornos de Esperanto e da Cordoeira e en Couto Piñeiro.
O goberno de Vigo ven de aprobar os últimos trámites administrativos previos ao comezo dos traballos de mellora das redes de servizo no casco urbano vigués, na súa primeira fase, cun orzamento próximo aos 600.000 euros, segundo apuntou Caballero.
As melloras nos servizos soterrados realizaranse nos entornos da Cordoeira e de Esperanto, onde se acometerá neste último un novo colector no camiño interior. Por outra banda, o Concello de Vigo actuará en Couto Piñeiro sumando asemade a reforma na superficie.
Administración Electrónica
A Xunta de Goberno Local aprobou a sinatura dun protocolo de colaboración e asistencia entre os concellos de Vigo e Pontevedra para o impulso da administración electrónica, incluindo o intercambio de experiencias e tecnoloxía. Caballero salientou que a administración electrónica viguesa está "especialmente desenvolvida", polo que o convenio pon a disposición da capital o coñecemento vigués na materia.