mércores, 7 maio 2014

Máis de 16.000 vigueses participaron nas actividades do Plan Saúde

O Plan Saúde do Concello de Vigo contou con 16.161 usuarios desde a súa posta en marcha, o que supón, segundo explicou a concelleira de Sanidade e Medio Ambiente, Chus Lago, que máis dun 5% dos vigueses participou nalgunha das súas actividades. Unha das iniciativas que máis éxito ten é a formación sobre prevención cardiovascular e primeiros auxilios na que participaron 2.597 persoas.

O Concello ofrece información a tempo real das obras en marcha

mércores, 7 mai 2014

O concelleiro de Fomento, David Regades, fixo balance dos primeiros meses de funcionamento da web do departamento, www.fomento.vigo.org, na que se informa das obras en marcha e do estado de execución das mesmas a tempo real. O edil subliñou que esta ferramenta, que visita cada vez máis xente, é empregada con asiduidade polas empresas na súa planificación.

O Concello promove unha "quedada literaria" en Castrelos de 500 alumnos de Infantil a Bacharelato

mércores, 7 mai 2014

A edil de Normalización Lingüística, Isaura Abelairas, presentou este mércores as actividades a desenvolver en próximas datas desde este departamento. 500 alumnos, de Infantil a Bacharelato, citaranse en Castrelos na mañá do 15 de maio nun "intercambio de experiencias de cara á lectura", como peche dos obradoiros literarios que promove o Concello nos centros escolares durante o curso.