Goberno local e Cámara de Comercio comparten a defensa da autonomía xudicial viguesa
Abel Caballero e José García Costas entrevistáronse este martes e amosaron un "acordo total" contra o anteproxecto de lei do Poder Xudicial, que priva á cidade dun partido xudicial propio e das apelacións en Vigo. En declaracións a medios sobre a singularidade viguesa, o alcalde indica que "cremos que o vamos conseguir"
O alcalde recibiu do presidente da Cámara o seu "apoio total" e o editorial publicado na revista desta entidade, que manifesta con datos a "singularidade única en España de Vigo". O planteamento municipal require, en primeiro lugar, a retirada do anteproxecto de lei e, de non acontecer, que contemple a excepcionalidade de Vigo dividindo a provincia en dous ámbitos xudiciais para norte e sur con capitais en Pontevedra e Vigo, respectivamente, e desdobrando o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para que teña sedes na Coruña e Vigo, xa que concentrarán tamén as apelacións -segundo o anteproxecto do Ministerio-. Como última posibilidade, tal e como explicou Caballero ante unha posible negativa á partición xudicial da provincia, Vigo debe ser a referencia para toda a provincia.
"O camiño é conxunto", asegurou o primeiro edil despois de terse reunido con numerosas entidades da cidade. No tocante á Cámara de Comercio, o acordo é "total" e ambos, explicou, "cremos que o imos conseguir", para o que "estaremos permanentemente atentos".
Descargar todas as imaxes
"O camiño é conxunto", asegurou o primeiro edil despois de terse reunido con numerosas entidades da cidade. No tocante á Cámara de Comercio, o acordo é "total" e ambos, explicou, "cremos que o imos conseguir", para o que "estaremos permanentemente atentos".