Escoitar

Máis de 16.000 vigueses participaron nas actividades do Plan Saúde

O Plan Saúde do Concello de Vigo contou con 16.161 usuarios desde a súa posta en marcha, o que supón, segundo explicou a concelleira de Sanidade e Medio Ambiente, Chus Lago, que máis dun 5% dos vigueses participou nalgunha das súas actividades. Unha das iniciativas que máis éxito ten é a formación sobre prevención cardiovascular e primeiros auxilios na que participaron 2.597 persoas.

mércores, 7 mai 2014
1399464139chus.JPG
A concelleira de Sanidade e Medio Ambiente, Chus Lago, fixo esta mañá de mércores balance das actividades do exitososo Plan Saúde que concitou o interese de 16.116 vigueses desde que arrancou no no ano 2008 con programas de actividade física nas asociacións de veciños. Desde entón, forónse engadindo actividades como charlas divulgativas, medicións atropométricas, ou formación en primeiros auxilios.

Esta formación en reanimación cardiopulmonar funcionou por primeira vez no ano 2012, e ata o 2013, organizáronse sesións teórico prácticas de primeiros auxilios en todos os centros da Concellería de Xuventude (Casa da Xuventude, Vigosónico, Subete ao Castro, Punto Xove), destacando que na totalidade dos cursos, cubríronse o 100% das prazas ofertadas. No ano 2013 e dado o éxito acadado nestas charlas, numerosos Centros Educativos solicitaron esta formación para os seus alumnos, sendo no 2014 unhas das actividades con maior participación e aceptación. Durante a rolda de prensa desta mañá, Chus Lago participou nunha exhibición dunha destas sesións técnicas que amosan o protocolo a seguir ante unha situación de parada cardiorespiratoria desde que se detecta hasta que llega la ambulancia xa que os primeiros minutos son cruciais para a supervivencia do paciente.

A concelleira avanzou que desde o Consello Europeo de Resucitación cardiopulmonar aconsella que se estenda á maior parte da poboación posible esta formación. No caso de España, os datos que aporta o Consello Español de RCP di que o 65% das paradas cardiorespiratorias suceden no domicilio das vítimas.

O Plan Saúde inclúe programas de actividade fisica, ofertando a diferentes usuarios, centros e espazos públicos, unha oferta de propostas encamiñada á mellora das capacidades físicas básicas e á prevención cardio vascular. O Concello ten ofertado actividades, especialmente en Asociacións de Veciños da cidade, en parques biosaudables e nas praias máis visitadas polos vigueses.

Nos mesmos centros, ademáis dos de carácter educativo, téñense organizadas numerosas charlas divulgativas nas que se pretende informar á poboación sobre os correctos hábitos nutricionais e de actividade física.
Tamén existe un servizo de medicións antropométricas e cada ano o número de persoas atendidas aumenta considerablemente, e chega a acadar cifras de record nas medicións en cada ano. En cada visita dos usuarios, mídense os parámetros antropométricos relacionados coa prevención da saúde (peso, altura, tensión arterial, indice de masa corporal, porcentaxes grasos) e unha vez feita a medición, os usuarios do programa reciben asesoramento gratuito en materia nutricional e de actividade física. Cada ano increméntase o número de persoas ás que se lle miden os parámetros antropométricos de saúde e que reciben asesoramento nutricional e de actividad física.
Nos anos 2012, 2013 e 2014 a demanda en charlas e cursos de prevención cardiovascular e Primeiros Auxilios é altísima, cubrindo o 100% de prazas ofertadas en todas as actividades. No curso académico 2013/2014 comenzou un programa de formación gratuito en Primeiros Auxilios ao 100% do alumnado de 3º e 4º curso da ESO en todos os centros de ensino público, estando na actualidad en plena fase de desenvolvemento.

DATOS DO PLAN SAÚDE
2008
-Programas de Actividade física en Asociacións de Veciños: 202 usuarios
2009
-Programas de Actividade física en Asociacións de Veciños: 386 usuarios
-Charlas de nutrición en Asociacións de Veciños: 210
-Camiñatas polos roteiros urbanos saudables: 657
-Medicións de prevención cardiovascular na oficina do programa: 120
2010
-Programas de Actividade física en Asociacións de Veciños: 426 usuarios
-Estudio antropométrico en idade escolar: 577
-Medicións antropométricas en outros centros educativos: 39
-Camiñatas polos roteiros urbanos saudables: 419
-Medicións de prevención cardiovascular na oficina do programa: 543
-Actividade física saudable na praia: 739

2011
-Programas de Actividade física en Asociacións de Veciños: 447
-Medicións de prevención cardiovascular na oficina do programa: 680
-Formación en rescate acuático e RCP a axentes da Policía Local: 16

2012
-Charlas informativas sobre nutrición, actividade física saudable e Cursos de Primeiros Auxilios: 608
-Formación en rescate acuático e RCP a axentes da Policía Local: 16
-Medicións antropométricas nos programas de prevención cardiovascular: 1806
-Obradoiro de cociña "con razón" en praias de Samil e Etea: 790
-Actividade física saudable nas praias de Samil, Vao e Etea: 1369


2013
-Charlas informativas sobre nutrición, actividade física saudable e Cursos de Primeiros Auxilios: 578
-Medicións antropométricas da poboación: 2017
-Formación en rescate acuático e RCP a axentes da Policía Local: 16
-Investigación sobre o efecto da fatiga na calidade da Reanimación Cardio Pulmonar en axentes da Policía Local: 12 participantes
-Actividade física saudable na praia de Samil: 1571 participantes
-Obradoiro de cociña "con razón" en praias de Samil: 312

2014
-Charlas informativas sobre nutrición e actividade física saudable: 65
-Formación en Primeiros Auxilios a alumnos de Centros Educativos de Vigo: 834
-Formación en rescate acuático e RCP a axentes da Policía Local: 16
-Formación en Reanimación Cardio Pulmonar a axentes da Policía Local: 166
-Cursos de Reanimación Cardio Pulmonar en Centros de Xuventude: 60
-Medicións antropométricas da poboación: 432

Resumo datos totais de usuarios:
-Usuarios en programas de actividad física saudable: 6248
-Medicións antropométricas realizadas á poboación viguesa: 6214
-Formación sobre prevención cardiovascular e primeiros auxilios: 2597
-Obradoiros de cociña saudable: 1102
Número total de participantes no PLAN SAUDE: 16.161
Descargar todas as imaxes