Escoitar

O Concello ofrece información a tempo real das obras en marcha

O concelleiro de Fomento, David Regades, fixo balance dos primeiros meses de funcionamento da web do departamento, www.fomento.vigo.org, na que se informa das obras en marcha e do estado de execución das mesmas a tempo real. O edil subliñou que esta ferramenta, que visita cada vez máis xente, é empregada con asiduidade polas empresas na súa planificación.

mércores, 7 mai 2014
1399464208regades.JPG
O apartado "Obras Hoxe" é o máis visitado ao ofrecer información das obras en marcha de saneamento e abastecemento, mantemento eléctrico, subministros, mantemento e obras de humanización, unha "ferramenta beneficiosa para a cidadanía, que pode ver a situación real de todas as obras", salientou o edil.

Luns e venres son os días nas que a web -aberta desde xaneiro- rexistra un maior número de visitas, singularmente de 13 a 14 horas e de 16 a 17 horas, datos que o concelleiro interpreta "seguramente" polas visitas das empresas que consultan as obras para a súa planificación semanal.

Outro dos epígrafes máis visitados é o de "Transporte Público", con información sobre transporte escolar, taxis e autobús urbano. O Concello posibilita vía web a planificación dunha viaxe en Vitrasa, informando das liñas que cubren os puntos de saída e chegada e do percorrido máis curto. Regades concluíu que "imos seguir actualizando os soportes informáticos como ferramenta para os cidadáns".
Descargar todas as imaxes