Escoitar

O Concello acelera o plan de asfaltados no rural e no casco urbano, con dous millóns de investimento

O concelleiro de Fomento, David Regades, informou este martes do estado de execución do plan de asfaltados, no que o goberno local inviste dous millóns de euros, un mantemento de rúas que o Concello reforza coa contratación de oito persoas por seis meses. Máis dunha ducia de viais no rural están xa asfaltándose ou comezarán nas próximas dúas semanas.

martes, 29 abr 2014
1398773157david.JPG
O goberno local acelera o plan de asfaltados dotado con 2 millóns de euros para mellorar o firme de viais no casco urbano e no rural, e potencia o mantemento das rúas da cidade coa incorporación desde o luns de oito persoas máis durante seis meses para tapar as fochas no asfalto.

Así o explicou este martes David Regades, quen salientou o "esforzo" do Concello para acometer asfaltados no casco urbano e no rural, ademais dun "mantemento exhaustivo" dos viais. O concelleiro informou que, no tocante ao rural, a administración local xa asfaltou Porto Loureiro, Saa e Baixada a Pontenova, traballa actualmente na estrada ao Monte Alba e comezará nos próximos quince días con Leonardo Alonso, a Avenida do Tranvía, Camiño Areeiro, Camiño Raposeira, a entrada ao CEIP Carballal, Doctor Corbal, Goleta e Severino Cobas.

O concelleiro indicou asemade que estes dias arrancaron obras do plan investimentos municipais con cargo a Aqualia. Tomás Alonso xa está en obras, con data de finalización prevista para o mes de xuño. O goberno de Vigo tamén traballa nas fases 1 e 2 da Avenida das Camelias, que concluirá mes de setembro, ao tempo que as melloras no entronque de Peniche, Enrique Lorenzo e en viais dos cascos históricos xa concluíron.

O Concello reforma actualmente a Mariña Española, a rúa Oliveira de Abaixo, Espiñeiro, e Camiño Cancelo, ao tempo que mellora o saneamento de Toural e o abastecemento de Coutadas, obras que se alongarán ata o mes de agosto. También a humanización de Areal (entre o número 106 e a rúa Miragaia) atópase actualmente en obras que rematarán no mes de maio.

Regades adiantou asemade o inicio en próximos días da humanizacion da rúa Moaña, en Coia, con previsión de tela rematada durante o mes de setembro. O edil recalcou que é unha reforma "complexa" pois incorporaranse canalizacións de pluviais, inexistentes actualmente, e se acometerá a renovación das redes de saneamento e abastecemento. O Concello xa actúa na reposición do saneamento e abastecemento da rúa Toledo, da Travesía Numancia, Valladolid e Jenaro de la Fuente para concluilas no mes de maio e as melloras nos entornos de Churruca e de Mestre Chanés comezan en xuño.
Descargar todas as imaxes