Escoitar

A próxima semana arranca a humanización das rúas Moaña e Areal e no barrio de Teis

Abel Caballero avanzou hoxe luns que a semana que vén comezarán as obras de humanización nas rúas Moaña e Areal e en numerosas zonas do barrio de Teis. Ademais, tamén están en execución obras por todo o rural, así como asfaltados en moitas estradas da cidade.

luns, 14 abr 2014
As obras de humanización das rúas Moaña e Areal arrancarán a próxima semana cun orzamento de 648.000 e 67.000 euros, respectivamente. Ademáis, tamén se iniciará a renovación de redes de abastecemento e saneamento en Teis, nun barrio no que, cun orzamento de preto de 900.000 euros, se actuará en Marina Española, Oliveira de Abaixo, Toural de Abaixo, Coutadas, Espiñeiro e Camiño Cancelo.

Respecto das obras xa en marcha, o rexedor referiuse á humanización de Hispanidade (entre Gran Vía e Zamora); o novo acceso a Navia; á Escola Infantil de Navia; Jenaro de la Fuente e a rúa Ferreiros en Bouzas. Tamén enmumerou as melloras de infraestruras en distintas parroquias: Pedreira; Cesareo Vázquez; Pinal; acceso ao antigo Concello de Lavadores; confluencia de Falcoa con Camiño Fondo; Igrexa de Coruxo; Moledo; Goleta; Carballal; Areeiro; Escaleras de Agudiña e Muro de Parada.

Nestes días tamén se realizarán asfaltados no centro e nas parroquias cun orzamento total de 1.020.000 euros. Explicou que nas seguintes rúas do rural: Saa; Porto Loureiro; Pontenova; Monte Alba; Leonardo Alonso; Fragoselo; Romeo; Avenida do Tranvía; Camiño Arieiro; Camiño Raposeira; Ceip Carballal; Doutor Corbal; Goleta e Severino Cobas . Tamén se asfaltarán outras trece rúas no casco urbán: Tomás Paredes; túnel Traviesas; Gerona; José Frau; D. Quijote; Sergio Saborido; Cachamuíña; Caracas; San Amaro; Heraclio Botana; Ricardo Portela; Juan Ramón Jiménez e rúa Paz.