Caballero subliña que os compradores terán cinco dias para visitar os pisos de República Argentina
O alcalde informou este venres do procedemento para a adquisición dalgunha das 40 vivendas municipais de República Argentina que vende o Concello para sufragar a expropiación dos terreos da futura Cidade da Xustiza. Do 21 ao 25 de abril e previa cita, os pisos poderán ser visitados polos interesados.
Abel Caballero informou hoxe dos trámites para a venda das 40 vivendas de República Arxentina 12 e 14, procedemento de adxudicación que dará comezo en aproximadamente 10 días, cando sexa publicado o acordo de venda no BOP e o DOG.
Os pregos de condicións e a documentación previa pode xa ser consultada tanto na Xerencia de Urbanismo como na web municipal e o prazo de presentación das propostas económicas será de 45 días naturais desde a publicación do último anuncio oficial, ben no BOP, ben no DOG, a presentar por correo ou presencialmente en dependencias municipais. Os interesados poderán visitar os pisos municipais do 21 ao 25 de abril, solicitando cita previa, segundo asegurou hoxe Caballero.
A páxina web municipal vén de publicar un apartado de preguntas frecuentes para aclarar as 18 dúbidas máis habituais sobre este proceso.
As vivendas sairán á venda cun prezo que oscila entre os 120.490 e os 204.595 euros, sen incluir os impostos que graven a transmisión que deberán ser satisfeitos polos solicitantes que resulten adxudicatarios. Con dous e tres habitacións, baño e aseo, sen garaxe nin rocho, as superficies dos pisos van desde os 76 aos 120 m2. Estes inmobles pertenecen ao Concello desde 1994 pero non foron escriturados ata o ano pasado.
Descargar todas as imaxes