Escoitar

O alcalde advirte de que "non estamos dispostos a que se barra a Vigo do mapa xudicial"

O alcalde de Vigo prosegue coa rolda de contactos con distintos colectivos para buscar un frente común que permita defender o partido xudicial de Vigo. Nesta ocasión, mantivo un encontro cos procuradores, cos que constatou a formación "dun consenso tácito na cidade" para rexeitar a reforma de LOPJ que privaría a Vigo do partido xudicial.

xoves, 10 abr 2014
1397130981procuradores.JPG
O alcalde avanzou hoxe xoves a a formación "dun consenso tácito na cidade" para rexeitar a reforma de Lei do Poder Xudicial que privaría a Vigo do partido xudicial o que "máis tarde ou máis temprano suporá a desaparición das dotacións xudiciais da cidade". Caballero, quen esta mañá mantivo un enconcontro co decano e o vicedecano dos procuradores, Manuel Castells e Manuel Rodríguez, respectivamente, constatou que, ao igual que os abogados, este colectivo profesional tamén é crítico co proxecto do ministro de Xustiza e insistiu en que "non estamos dispostos a que se barra a Vigo do mapa xudicial", advertiu.

O rexedor explicou que "non parece posible que se retire unha lei que ten como filosofía a distribución das dotacións en xuzgados uniprovinciales con capital única". Neste senso, advertiu que Vigo estaría de acordo se en Pontevedra se estableceran dúas provincias xudiciais, con capital en Pontevedra e en Vigo, pero, matizou "que isto non parece probable". Abogou, ao igual que o fixo o decano dos procuradores en declaracións aos medios, en demandar que a demarcación provincial de instancia teña a capital en Vigo. Respecto do resto das dotacións, insistiu en que, se os tribunais de instancia se concentran na Coruña, tal e como prevé o anteproxecto de lei, "é preciso reclamar a metade do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou o desdoblamento de todas as salas para Vigo".
Descargar todas as imaxes