O Concello abre o prazo para solicitar as axudas do bonotaxi ata o 28 de abril
Desde hoxe mércores ata o luns 28 de abril estará aberto o prazo para solicitar as axudas de bonotaxi. Cunha partida económica de 25.000 euros, este ano, ademais do grado de dicapacidade dos usuarios, terase en conta o nivel de renda e as achegas oscilarán entre os 100 e os 300 euros.
O prazo para solicitar as axudas do bono taxi estenderáse desde hoxe mércores ata o 28 de abril. Trátase, dixo o rexedor, dun programa de achegas para persoas con discapacidade severa que non poden usar o transporte público colectivo. O ano pasado entregáronse 300 axudas a 84 usarios e a novidade da convocatoria deste exercicio, ademais do grado de dicapacidade dos usuarios, terase en conta o nivel de renda, e as achegas oscilarán entre os 100 e os 300 euros.