xoves, 10 abr 2014
O alcalde presidiu este xoves a sesión do consello reitor da segunda edición deste Pacto, que se está a desenvolver cun "magnífico resultado" e as propias entidades empresariais e sindicais solicitaron comezar a traballar na terceira edición. O proxecto está a colleitar unha inserción laboral do 51,5% dos participantes.
xoves, 10 abr 2014
Abel Caballero recibiu este xoves ao embaixador de Polonia en España, Tomasz Arabski, de ronda por Galicia para potenciar a cooperación económica do seu país con Galicia e Vigo. A olívica é a urbe galega con maior presencia de polacos, máis de mil, un colectivo "proactivo e colaborador" ben integrado en Vigo, salientou o rexedor.
xoves, 10 abr 2014
Tras a publicación o día 09 de abril de 2014 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais realizadas no ano 2014 (aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 27 de marzo de 2014), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes da antedita convocatoria.
xoves, 10 abr 2014
A Concellería de Emprego, Participacion Cidadá e Voluntariado programa novos cursos de alfabetizacion dixital para o segundo trimestre deste ano e que se celebrarán no Centro Municipal de Emprego sito na rúa Oporto nº1.