Escoitar

Convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais 2014

Tras a publicación o día 09 de abril de 2014 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais realizadas no ano 2014 (aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 27 de marzo de 2014), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes da antedita convocatoria.

xoves, 10 abr 2014
Os interesados en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, ben directamente ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réximen xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes establécese en vinte días naturais que contará dende a publicación da convocatoria no BOP: do 10 de abril ao 29 de abril de 2014, ambos incluídos.

Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formulario está dispoñíbel nos servizos de información do Concello de Vigo, nas páxinas web (www.vigo.org /vigocultura.og) e no Servizo de Festas.

Máis información