luns, 7 abr 2014
O alcalde de Vigo mantivo este luns unha entrevista co presidente, José Luis Freire, e co novo director xeral de Conxemar, Gonzalo López de Aragón, para iniciar as conversas para potenciar a feira do conxelado. Caballero adiantou que "estaremos no apoio contínuo a Conxemar".
luns, 7 abr 2014
Caballero entrega hoxe luns 46 bolsas aos alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, que gozarán de estancias lingüísticas no Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia, Portugal, China e Xapón, subvencionadas polo Concello. No orzamento deste ano, o goberno local recupera as bolsas de inglés para 300 alumnos de Secundaria, cunha partida de 700.000 euros, e dependendo do nivel de renda.
luns, 7 abr 2014
Un total de 24 alumnos desempregados participaron durante seis meses no programa Vigo Capacita baixo as especialidades de operadores básicos de cociña e restaurante-bar. O custo desta iniciativa de emprego e formación é de 263.000 euros.