Escoitar

O alcalde anuncia unha "gran" movilización social para defender o partido xudicial de Vigo

Abel Caballero constatou hoxe "o peor escenario" coa aprobación do anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial aprobada o pasado venres que "relega" Vigo a ser sede despreazada e aposta por unha pauta uniprovincial con cabeceira en Pontevedra. "Este modelo é o que máis nos perxudica e non ten en conta que Vigo é a cidade máis importante no noroeste peninsular".

luns, 7 abr 2014
1396871247alcalde2.jpg
O rexedor abogou hoxe luns porque a sede oficial do tribunal da provincia ten que ser Vigo porque o anteproxecto de lei contempla só unha referencia. Así o explicou en rolda de prensa logo de advertir de que nos atopamos no "peor escenario" posible coa aprobación o pasado venres do anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial. O texto "relega" Vigo a ser sede desprazada e aposta por un modelo provincial "que entroniza" Pontevedra en detrimento de Vigo.

Caballero avanzou unha "gran" movilización social que arrancará cunha declaración institucional que determine que se ubique en Vigo a sede de referencia dos tribunais da provincia. A continuación, establecerá unha rolda de contactos con respresentantes do mundo da xustiza, ademáis de enviarlle cartas ao presidente e a todos os membros do Poder Xudicial.

Co fin de acadar o apoio de parte do arco parlamentario, o rexedor avanzou que mañá manterá sendas reunións co responsables de Xustiza do PSOE así como con Elena Valenciano, ao tempo que anunciou xa a presentación de iniciativas en Congreso, Senado, Parlamento de Galicia e Deputación de Pontevedra.

Caballero apuntou que hoxe, ademais de falar co xuíz decano, tamén escribirá ao presidente da Xunta "aunque temos claro que ya lle deron o apoio a Pontevedra". Lembrou a "pasividade" da Xunta na defensa de Vigo cando se coñeceu o borrador deste anteproxecto de lei. "A Xunta é cómplice polo seu silencio, queremos que se pronuncie Feijóo", abundou.

O alcalde augurou "un clamor xeral na cidade" porque Vigo "non acepta un papel secundario en temas de xustiza". Cualificou esta "agresión" como a "gota que colmou o vaso da paciencia da cidade", en referencia a outras situacións como a lei de caixas, depuradora ou a área metropolitana.
Descargar todas as imaxes