O Concello concederá este ano 350 bolsas para estudar idiomas no estranxeiro
Caballero entrega hoxe luns 46 bolsas aos alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, que gozarán de estancias lingüísticas no Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia, Portugal, China e Xapón, subvencionadas polo Concello. No orzamento deste ano, o goberno local recupera as bolsas de inglés para 300 alumnos de Secundaria, cunha partida de 700.000 euros, e dependendo do nivel de renda.
Na tarde deste luns, o rexedor vigués fai entrega de 46 bolsas municipais a alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, que cursarán con financiamento municipal estancias lingüísticas no estranxeiro, fundamentalmente en Londres (33) pero tamén en París, Berlín, Roma, Lisboa, Tokyo e Beijing.
Caballero avanzou que o orzamento municipal de 2014, en tramitación, recupera as bolsas de inglés para estudantes de Secundaria incluíndo unha partida de 700.000 euros, da que se poderán beneficiar uns 300 alumnos. En total, e sumando a nova convocatoria para a Escola Oficial de Idiomas, sobre 350 persoas percibirán financiamento do Concello para estadías de idiomas fóra das nosas fronteiras.
O alcalde de Vigo recordou que o programa municipal de estudos no estranxeiro deu comezo no ano 2008 outorgando 100 bolsas e apuntou que o obxectivo do Concello para o próximo ano pasa por conceder a achega a todos os estudantes que o soliciten e cumpran cos requisitos de renda esixidos.