O goberno local presentará unha moción para que baixe o IVE das perruquerías
O goberno local respalda a petición do sector da perruquería que reclama un IVE reducido para poder manter abertas as súas empresas e os empregos. Así o avanzou esta mañá a tenente de alcalde, Carmela Silva, quen anunciou a presentación dunha moción no Pleno do Concello para salvagardar un sector que xa perdeu 20.000 empregos desde que o Goberno Central subira a carga impositiva a este sector dun 8 a un 21%.
O Concello de Vigo debatirá no seu próximo Pleno unha moción socialista instando ao Goberno Central a restaurar o tipo de IVE reducido do 10% ao sector das perruquerías. Ao longo dun encontro co presidente da Asociación de Empresarios de Perruquerías de Vigo e súa Área Metropolitana, Jesús Saiz, a tenente de alcalde, Carmela Silva, cualificou de "xusta" unha reivindicación dun sector que perdeu 20.000 empregos en toda España desde que en setembro de 2012 o Goberno Central tomara a "errónea" decisión de elevar a carga impositiva do 8 ao 21%. Esta medida, explicou Siliva, está a afectar "moitísimo ás empresas que non son capaces de manter as empresas abertas nin os postos de traballo", aludindo á ameaza de que este ano se perdan outros 14.000 empregos. A tenente de alcalde e deputada avanzou que o Goberno de Madrid "nun prazo breve de tempo" vai baixar o IVE cultural pola presión do mundo da cultura e de todos os grupos políticos e debería "rebaixar ao tipo reducido o das perruquerías tamén".
Con este obxectivo, e ademais da moción municipal, o grupo socialista vai presentar iniciativas no Congreso e no Senado instando ao goberno a acometer esta rebaixa, e mesmo que no Parlamento de Galicia "onde esperamos obter o respaldo de todos os partidos", destacou. Silva, que estivo acompañada pola senadora, Angeles Marra, advertiu de que o sector da perruquería xera 120.000 empregos directos e case o triple cos indirectos polo que esixe ao Executivo que corrixa este erro "porque non se poden tomar decisións para aumentar os ingresos atacando aos emprendedores", concluiu.
A reunión entre Silva e Marra con representantes do sector das perruquerías tivo lugar esta mañá na sede da asociación, na Confederación de Empresarios de Pontevedra, un encontro ao que tamén asistiu o secretario adxunto da CEP.
Descargar todas as imaxes