Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 3 abr 2014
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 4 DE ABRIL DE 2014.


1.- Acta da sesión ordinaria do 21 de marzo e extraordinaria e urxente do 24 de marzo de 2014.

CEDRO
2.- Indemnización substitutiva por importe de 5.530,96 € a favor de Eulen Seguridad S.A. pola prestación dos servizos de vixilancia e seguridade na Unidade Asistencial de drogodependencias CEDRO e nas UBAS. Expte. 2127/315.

CONTRATACIÓN
3.- Expediente de contratación do seguro de vida e accidentes dos empregados públicos e cargos electos locais do Concello de Vigo. Expte. 24360/220.

4.- Proposta para presentar oposición contra a Marca nº 3.107.315 por semellanza coa Marca nº 2.617.362 "Turismo de Vigo, La Vuelta al Mundo en una Ciudad". Expte. 4762/241.

5.- Devolución de garantía a Grupo 5 S.L. Expte. 4779/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
6.- Proxecto de convenio de colaboración co Cine Club Lumière para a organización da Programación e Proxección de películas en versión orixinal. Expte. 5503/335.

7.- Subvención nominativa á Fundación Laxeiro para financiar o seu programa de actividades e funcionamento para o exercicio económico 2014. Expte. 716/341.

EDUCACIÓN
8.- Expediente de contratación dos servizos para a xestión parcial, docencia e desenvolvemento da Escola municipal de danza. Expte. 15774/332.

IGUALDADE
9.- Primeira prórroga da contratación do "Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia". Expte. 4979/224.

INTERVENCIÓN XERAL
10.- Xustificantes de libramentos. Expte. 102334/140.

RECURSOS HUMANOS
11.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondentes ao mes de Febreiro 2014. Expte. 25036/220

12.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do Servizo de Cemiterios correspondente ao mes de Febreiro 2014. Expte.25058/220.

13.- Complemento de produtividade por xornada partida do persoal do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de Febreiro 2014. Expte. 25057/220.

14.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección correspondente ao mes de Febreiro 2014. Expte. 25035/220.

15.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por servizos de gran gala da Policía Local con motivo da "Cabalgata de Reis". Expte. 25011/220.

16.- Campaña de desratización no termo municipal de Vigo de ano 2014. Expte. 24834/220.

SERVIZOS
17.- Proposta para a redacción do proxecto "Renovación da rede de abastecemento de fibrocemento entre a Subestación eléctrica do Troncal na Travesía de Vigo e o Centro de Reflexión eléctrico na Rúa Hernán Cortés". Expte. 2400/440.

18.- Dar conta da tramitación do expediente de obras "Renovación das redes de abastecemento e saneamento da rúa Moaña". Expte. 2393/440.

19.- Dar conta da tramitación do expediente de obras "Rede separativa de fecais e pluviais na rúa Areal, entre o nº 106 e Miragaia". Expte. 2395/440.

20.- Dar conta da tramitación do expediente de obras "Instalacións para a dosificación de reactivos na ETAP do Casal". Expte. 2394/440.

21.- Control de calidade das obras de "Mellora de infraestruturas nas parroquias do Concello de Vigo". Expte. 2574/443.

22.- Control de calidade das obras "Humanización da beirarrúa par Jenaro de la Fuente". Expte. 2570/443.

23.- Control de calidade das obras de Construción dunha Escola Infantil en Navia. Expte. 2568/443.

24.- Control de calidade das obras de "Humanización da Avenida Hispanidad (entre Gran Vía e rúa Zamora)". Expte. 2582/443.

25.- Control de calidade das obras "Humanización da rúa Ferreiros. Fase 1". Expte. 2583/443.

26.- Control de calidade das obras "Acondicionamento e mellora do acceso ao Barrio de Navia denta a VG-20". Expte.2591/443.

XUVENTUDE
27.- Proposta para a modificación da denominación de Ludotecas. Expte. 4175/336.

28.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes aos expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 4 de abril de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para os efectos de información.

Vigo, 2 de abril de 2014.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.