"Un abril de contos", mostra na biblioteca Xosé Neira Vilas
Para festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra o día 2 de abril, a biblioteca Xosé Neira Vilas realiza unha mostra bibliográfica durante todo este mes relacionada co mundo dos contos, así como o obradoiro "Animalario Fantástico".
Con motivo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que celebra o nacemento de Hans Christian Andersen, a Biblioteca Xosé Neira Vilas decide sumarse a esta celebración realizando o obradoiro "Animalario Fantástico", onde xogamos a inventar animais a partir de historias narradas e a inventar historias a partir de imaxes de animais.
Descargar todas as imaxes