Escoitar

O alcalde traslada o "as condolencias" da cidade aos familiares das vítimas do "Mar de Marín"

Abel Caballero, este martes na Estación Marítima, trasladou o "pésame e as condolencias da cidade" ás familias dos tres tripulantes falecidos no accidente do "Mar de Marín", acontecido esta madrugada na ría de Vigo. O Concello ofreceu a cooperación dos servizos municipais de emerxencia ao operativo de rescate.

martes, 1 abr 2014
1396353025alcalde6.jpg
O alcalde de Vigo explicou que o Concello puxo á disposición do operativo de rescate os servizos de emerxencia municipais para o sexa preciso, ao tempo que avanzou a orde de que as bandeiras ondeen a media asta. Caballero cualificou de "dramático" o accidente do arrastreiro, que impactou co mercante 'Baltic Breeze', no que faleceron tres tripulantes, dous pescadores permanecen desaparecidos e cinco integrantes foron rescatados con vida.
Descargar todas as imaxes