A unanimidade do Pleno acorda impulsar a actuación de brigadas en arranxos de emerxencia
Todos os grupos políticos coincidiron na sesión plenaria desta mañá en instar ao goberno local a impulsar a actuación de brigadas que atendan os arranxos de emerxencia precisos na nosa cidade. Esta moción foi defendida polo Partido Popular e contou co voto favorable de PSOE e BNG.
A unanimidade do Pleno acordou que se arbitren procedementos de emerxencia para atender as raparacións urxentes que precisan moitas rúas de Vigo tras os temporais que arrasaron a cidade o pasado inverno. Unha moción do PP, apoiada por PSOE e BNG, insta ao goberno municipal a impulsar a actuación de brigadas que atendan sen dilación os arranxos de emerxencia que fagan falla nas rúas da nosa cidade.
Na sesión plenaria desta mañá tamén se aprobou por acordo de todos os grupos unha moción popular que insta á Xunta a regular en Galicia o uso do cigarriño electrónico, equiprando o mesmo ao tabaco. Asemesmo, o Pleno desta mañá deu luz verde a outra iniciativa do PP, neste caso, sobre turismo. O texto defendido polos populares, que obtivo o apoio dos socialistas, solicita que se deseñen e que se acometan plans sectoriais de promoción turística: náutico y deportivo; gastronómico, de patrimonio histórico, paisaxístico, etc, a fin de captar visitantes tanto nos días da Semana Santa como nos meses de verán.