mércores, 2 abr 2014
Nunha reunión cos seus responsables, o alcalde trasladou a vontade municipal de cooperar na celebración dos 50 anos da Cooperativa de Armadores de Pesca en Vigo, un "evento da maior importancia" por ser esta cidade "a gran capital do mundo da pesca". "Temos que facer que esa conmemoración sexa un equivalente á World Fishing Exhibition ou a Conxemar", indicou.
mércores, 2 abr 2014
A Escola Municipal de Teatro de Vigo realizará esta fin de semana o evento "Trazos nas Táboas", representación de pezas breves de micro-teatro. A actividade nace coa intención de incentivar a creatividade na nosa comunidade educativa, así como de dar a coñecer a existencia e actividades que desenvolve a Escola Municipal de Teatro (EMT).
mércores, 2 abr 2014
Para festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra o día 2 de abril, a biblioteca Xosé Neira Vilas realiza unha mostra bibliográfica durante todo este mes relacionada co mundo dos contos, así como o obradoiro "Animalario Fantástico".
mércores, 2 abr 2014
O Centro de Documentación Feminista de Vigo acolle a presentación do libro "Las lesbianas (no) somos mujeres. En torno a Monique Wittig" Beatriz Suárez Briones (ed.) o xoves, 3 de abril de 2014 ás 19.00 horas. Interveñen: Milagros Lores Torres, Beatriz Suárez Briones e Mª Jesús Fariña Busto.