O Concello inicia a próxima semana a segunda fase da humanización de Camelias
O goberno local empezará a próxima semana os traballos de humanización da segunda fase de Camelias -rúa Ourense-Doctor Marañón-, cando está a punto de rematar o tramo que vai desde Praza Independencia á rúa Ourense. Cun orzamento de preto de 2,5 millóns para as dúas fases, Caballero cualificou esta humanización "como unha das grandes obras da cidade".
A semana que ven arrancará a segunda fase da humanización de Camelias, que vai da rúa Ourense a Doutor Marañón. Trátase, dixo, "dunha das grandes obras da cidade" nunha das rúas con máis densidade de poboación e que estaba "abandonada e en estado lamentable". Engadiu que as redes de abastecemento estaban en estado "pavoroso" con óxido e moi deterioradas o que causaba numerosos rebentóns. A humanización da rúa Camelias é, polo tanto, "unha importante obra de sostenibilidade" cun orzamento de preto de 2,5 millóns para as dúas fases.
Estánse a renovar as redes de abastecemento, saneamento e pluviais, unhas 70 luminarias, colocaránse unhas 30 papeleiras, así como bancos ou xardineiras. Durante a exposición, o rexedor puntualizou que houbo que facer un cambio no cronograma da obra debido a un importante rebentón rexistrado no principio da rúa e que obrigou a adiantar a renovación das redes neste parte da rúa. O rexedor explicou que non se está a repoñer o pavimento nesta zona a expensas de que a humanización avance e chege a este tramo de rúa.
Abel Caballero lembrou que estes traballos non só xeneran postos de traballo, senón que redundan en melloras para o comercio e a hostelería o que, en suma, supón beneficiar tamén a creación de emprego.