"As do peixe" inauguran o ciclo Vigocultura tras conseguir 3 premios María Casares
Este venres, día 4 de abril, ás 21:00 h, arranca no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) unha nova tempada da programación municipal de artes escénicas, Vigocultura, coa representación da obra "As do peixe", da compañía Abrapalabra Creacións. O programa desenvolverase todos os venres e domingos de abril e maio, ata o 1 de xuño.
A obra "As do peixe" foi unha das grandes protagonistas, o pasado xoves, dos premios "María Casares 2014", organizados pola Asociación de actores e actrices de Galicia, ao conseguir tres distincións: mellor texto orixinal (Cándido Pazó), mellor dirección (Cristina Domínguez) e mellor actriz protagonista (Susana Dans); ademais, conta co premio do público da Mostra de Ribadavia.
"As do peixe" é unha viaxe a través da memoria, unha crónica das mulleres traballadoras da conserva, baseada en testemuñas reais da vida nas fábricas a partir dos anos setenta e contada desde o momento actual. Catro mulleres, Conchi, Begoña, Lisa e Tere, reúnense periodicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras. Aquí tratan de relembrar o seu pasado laboral e o de tantas mulleres que, logo de que a fábrica de conservas máis importante da vila pechara, despois de moitas loitas e desenganos, víronse sen traballo e sen posibilidades reais de volver recuperalo.
A súa historia é a de moitas outras mulleres das vilas mariñeiras que quedaron sen traballo e que amosan unha realidade: o derrube dunha economía e dun xeito de vivir. Mais esta viaxe cara ao pasado supón aínda máis para elas, xa que a recuperación na súa memoria dos momentos claves dos anos vividos na fábrica, irán intimamente unidos ás súas propias biografías. As súas vidas e as de moitas mulleres pasarán por diante delas facéndolles revivir un pasado que agora mesmo parece moito mellor do que foi, e enfrontarse a un presente cheo de incertezas.
As entradas están á venda en Servinova (902.504.500 e "www.servinova.com") e na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26) a un prezo único de 7 €.
Descargar todas as imaxes