martes, 1 abr 2014
O goberno local empezará a próxima semana os traballos de humanización da segunda fase de Camelias -rúa Ourense-Doctor Marañón-, cando está a punto de rematar o tramo que vai desde Praza Independencia á rúa Ourense. Cun orzamento de preto de 2,5 millóns para as dúas fases, Caballero cualificou esta humanización "como unha das grandes obras da cidade".
martes, 1 abr 2014
No transcurso dunha conferencia, o alcalde pediulle ao presidente do Sabadell Gallego, Josep Oliu, que a entidade se envorque con "este territorio" apoiando ás empresas e traballadores de Vigo. Caballero ve "unha boa nova" que este banco dedique "unha parte notable dos seus esforzos a dar créditos" e apoiar a economía viguesa.
martes, 1 abr 2014
Este venres, día 4 de abril, ás 21:00 h, arranca no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) unha nova tempada da programación municipal de artes escénicas, Vigocultura, coa representación da obra "As do peixe", da compañía Abrapalabra Creacións. O programa desenvolverase todos os venres e domingos de abril e maio, ata o 1 de xuño.