Escoitar

O alcalde avanza unha "revolución en obras keynesianas para cambiar a cidade"

Abel Caballero cifrou hoxe mércores en máis de 6 millóns o custo da humanización da rúa Camelias cando está a punto de rematar a primeira fase e de iniciarse o tramo que vai de Ourense a Doutor Marañón. Ademais destes traballos, o rexedor deu conta da posta en marcha de ducias de obras no centro e nas parroquias.

mércores, 2 abr 2014
1396439763Imagen003.jpg
Abel Caballero cualificou esta mañá o conxunto de humanizacións en marcha ou a piques de comezar como "unha revolución en obras keynesianas para cambiar a cidade". Ao tempo que detallou as obras, fixo fincapé na importancia da xeración de emprego e de dar resposta a unha demanda cidadá.

Empezou falando das obras que arrancarán nos próximos días, aludindo á segunda fase de Camelias, cun orzamento total para a rúa de máis de 6 millóns; ás escaleiras de Segunda República, as humanizacións das rúas Moaña e Areal, ademais da renovación de redes de abastecemento e saneamento en Teis. Concretamente, neste barrio, cun orzamento de 800.000 euros+IVE actuarse en Marina Española, Oliveira de Abaixo, Toural de Abaixo, Coutadas, Espiñeiro e Camiño Cancelo.

Respecto das obras xa en marcha, falou da humanización de Hispanidade (entre Gran Vía e Zamora); novo acceso a Navia; Escola Infantil de Navia; Jenaro de la Fuente e a rúa Ferreiros en Bouzas. Tamén enmumerou as melloras de infraestruras en distintas parroquias: Pedreira; Cesareo Vázquez; Pinal; acceso ao antigo Concello de Lavadores; confluencia de Falcoa con Camiño Fondo; Igrexa de Coruxo; Moledo; Goleta; Carballal; Areeiro; Escaleras de Agudiña e Muro de Parada.

Nestes días tamén comezaron un lote de asfaltados no centro e nas parroquias cun orzamento total de 1.020.000 euros. Explicou que se está a actuar nas seguintes rúas do rural: Saa; Porto Loureiro; Pontenova; Monte Alba; Leonardo Alonso; Fragoselo; Romeo; Avenida do Tranvía; Camiño Arieiro; Camiño Raposeira; Ceip Carballal; Doutor Corbal; Goleta e Severino Cobas . Tamén se asfaltarán outras trece rúas no casco urbán: Tomás Paredes; túnel Traviesas; Gerona; José Frau; D. Quijote; Sergio Saborido; Cachamuíña; Caracas; San Amaro; Heraclio Botana; Ricardo Portela; Juan Ramón Jiménez e rúa Paz.
Descargar todas as imaxes