Escoitar

A Escola Municipal de Teatro de Vigo presenta "Trazos nas Táboas"

A Escola Municipal de Teatro de Vigo realizará esta fin de semana o evento "Trazos nas Táboas", representación de pezas breves de micro-teatro. A actividade nace coa intención de incentivar a creatividade na nosa comunidade educativa, así como de dar a coñecer a existencia e actividades que desenvolve a Escola Municipal de Teatro (EMT).

mércores, 2 abr 2014
1396432811trazos.jpg
As representacións levaranse a cabo os seguintes días e horas, nas instalacións da Escola, sita
na Avda. de Castelao nº 87 (interior):

*Venres 4 de abril: de 20:00 a 22:00 horas "OS BERROS DO SILENCIO", "COMÚN É CANDO...", "ANTICONVERSAS", "PESETA, CABALO, MAZÁ"

*Sábado 5 de abril: de 20:00 a 22:00 horas "CARNE", "COMÚN É CANDO...", "ANTICONVERSAS", "36 m3"

*Domingo 6 de abril: de 20:00 a 22:00 horas "CARNE", "OS BERROS DO SILENCIO", "PESETA, CABALO, MAZÁ", "36 m3"

Para poder asistir a estas representacións pódense recoller as invitacións na oficina da EMT, a partir do día 2 de abril en horario de 17:00 a 20:00 horas ou media hora antes o día do espectáculo. Pódense tamén reservar no teléfono 986485324 e mediante correo electrónico, no enderezo electrónico em.teatro@vigo.org
Descargar todas as imaxes