Presentacion do libro "Las lesbianas (no) somos mujeres. En torno a Monique Wittig"
O Centro de Documentación Feminista de Vigo acolle a presentación do libro "Las lesbianas (no) somos mujeres. En torno a Monique Wittig" Beatriz Suárez Briones (ed.) o xoves, 3 de abril de 2014 ás 19.00 horas. Interveñen: Milagros Lores Torres, Beatriz Suárez Briones e Mª Jesús Fariña Busto.
Este libro é unha homenaxe, agora que se cumplen dez anos da súa morte, á persoa e á obra de Monique Wittig (1935-2003). Desde diferentes perspectivas e baixo a mirada particular de cada unha das autoras, os seis traballos aquí reunidos constitúen unha reflexión a redor das claves fundamentais do pensamento da creadora e teórica francesa, poñendo énfase no carácter precursor dalgúns dos seus conceptos e revisando o xeito no que teñen contribuído a xerar ou a reafirmar propostas teóricas e
posicións de militancia.
Todas as autoras aquí reunidas seguen as cuestións máis incisivas que formula Monique Wittig, pero o fan segundo os seus intereses particulares e traxectorias persoais diversas...
Autoras: Beatriz Suárez Briones, Elvira Burgos Díaz, Isabel Balza Múgica, MªJesús Fariña Busto, Aránzazu Hernández Piñeiro, Gracia Trujillo Barbadillo
Descargar todas as imaxes