A concesión do Mirador de O Castro sae a concurso por 30 anos e 254.000 euros
O alcalde deu conta do inicio do periodo de 30 días de exposición pública dos pregos de concesión da Cafetería Mirador de O Castro. Tal e como explicou, a concesión será por un máximo de 30 anos e terá un investimento mínimo de 254.000 euros.
Os pregos de concesión para a cafetería Mirador de O Castro prevén un prazo máximo de 30 anos na concesión e un investimento mínimo de 254.000 euros. Hoxe, dixo o rexedor, arrancou o periodo de 30 días hábiles de exposición pública dos pregos, ao publicarse no Boletín Oficial da Provincia.
Os obxectivos da concesión son, segundo recollen os pregos, por un lado, darlle aos cidadáns servizos nun dos grandes parques da cidade e, por outro, buscar unha mellora baseada en criterios mediambientais e urbanísticos, tanto na estética como na integración do edificio.
Entre os criterios de adxudicación, o prego contempla o incremento do investimento, o canon a pagar ao Concello, melloras na imaxe exterior do edificio e a súa integración no entorno; mellora na imaxe e calidade interior do inmoble; solucións de accesibilidade; mantemento e conservación da zona anexa á edificación do uso público de 1.639 m2; e manter abertos de forma permanente uns aseos públicos, con acceso desde exterior, para a utilización dos usuarios do parque.
Patio cuberto
O rexedor avanzou que a obra do patio cuberto para o colexio público Alfonso Rodríguez Castelao estará finalizada á volta das vacacións de Semana Santa. Lamentou que os alumnos deste centro escolar non poideran usar esta instalación durante este choivoso inverno, pero lembrou que esta obra é responsabilidade da Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes