O alcalde fixo entrega dos premios do concurso de carteis da Pedaliña 2014
Na sede da Escola Municipal de Artes e Oficios, Abel Caballero entregou este xoves os premios e diplomas aos distinguidos polo xurado polo concurso de carteis da Pedaliña 2014, unha iniciativa de A Golpe de Pedal co apoio do Concello de Vigo en torno á bicicleta, a celebrarse a fin de semana do 26 de abril.
Ante os medios de comunicación, o alcalde informou que foron presentados 150 traballos ao concurso, fundamentalmente vencellados á Escola Municipal de Artes e Oficios, dos que o xurado seleccionou tres a premiar. Este xoves celebrouse a entrega dos premios e diplomas na propia EMAO.
A Pedaliña -unha iniciativa da asociación A Golpe de Pedal que conta co apoio económico do Concello de Vigo- celebrarase este ano o sábado 26 de abril con actividades no Monte do Castro e continuará ao día seguinte cunha marcha popular en bicicleta polas rúas de Vigo.
Descargar todas as imaxes