venres, 11 abr 2014
O alcalde informou este venres da aprobación dunha segunda resolución de axudas municipais ao comedor escolar, 70.000 euros máis para financiar a bolsa daqueles alumnos que, cumprindo cos requisitos, quedaron en lista de agarda no presente curso. O Concello adica 1,7 millóns para conceder un total de 5.450 axudas.
venres, 11 abr 2014
Este venres, o alcalde visitou un dos cursos que ofrece o Equipo de Vixilancia e Apoio Policial (EVAP) da Policía Local de Vigo ás vítimas de violencia de xénero, a undécima edición dun programa que formou en defensa propia a 114 mulleres. Caballero anunciou que as bases municipais para o aluguer de vivendas incluirán a este colectivo.
venres, 11 abr 2014
O goberno local requerirá ao Xurado de Expropiación de Galicia a revocación do taxación dos terreos expropiados en Bembrive e Beade para construir a segunda fase da Cidade Universistaria. Tal e como explicou hoxe o rexedor, o Concello interporá un recurso se a xurado non reconsidera á baixa o prezo dos terreos.
venres, 11 abr 2014
O alcalde informou este venres do procedemento para a adquisición dalgunha das 40 vivendas municipais de República Argentina que vende o Concello para sufragar a expropiación dos terreos da futura Cidade da Xustiza. Do 21 ao 25 de abril e previa cita, os pisos poderán ser visitados polos interesados.