Escoitar

O alcalde asegura que a cidade é "un clamor" contra a nova lei do Poder Xudicial

Abel Caballero continuou este venres a súa ronda de entrevistas para pulsar a opinión da cidade sobre o anteproxecto de lei, que priva a Vigo dun partido xudicial propio. A Asociación Avogados Novos de Vigo coincide coa demanda de mantemento dunha entidade xudicial propia na cidade, afirmou o alcalde.

venres, 11 abr 2014
1397217942abogados.JPG
O rexedor indicou ao remate da entrevista a existencia dunha "coincidencia absoluta" no planteamento da Asociación sobre o anteproxecto de lei e súmase así ao sentir doutros colectivos sectoriais e do goberno local.

Caballero apuntou que a Asociación é máis "activa" e fixo un chamamento á movilización cidadá, o que "nin o asumín non o descartei", en verbas do alcalde. Asegura Caballero que existe "un clamor nesta cidade" e continuará testando a opinión da cidade ao respecto.

Concello e Avogados Novos entenden que sería bo parar a normativa de Gallardón pero non ven moitas esperanzas de conseguilo polo que, de seguir adiante a lei, Vigo debe ser contemplada na mesma como una excepción e figurar na provincia dous Tribunais de Instancia: un en Vigo e outro en Pontevedra. De non aceptalo o Goberno de España, Vigo debería ser a referencia provincial e incluso se sopesa solicitar o desdoblamento do TSXG en dúas sedes, Coruña e Vigo, como acontece en Andalucía con Málaga e Sevilla.
Descargar todas as imaxes