Escoitar

O embaixador visita ao alcalde para promover maior relación económica entre Vigo e Polonia

Abel Caballero recibiu este xoves ao embaixador de Polonia en España, Tomasz Arabski, de ronda por Galicia para potenciar a cooperación económica do seu país con Galicia e Vigo. A olívica é a urbe galega con maior presencia de polacos, máis de mil, un colectivo "proactivo e colaborador" ben integrado en Vigo, salientou o rexedor.

xoves, 10 abr 2014
1397130942embajador.JPG
Tomasz Arabski (nacido no 1968 en Gdańsk) graduouse na Universidade Politécnica de Gdańsk, traballou de xornalista e, desde novembro de 2007 ata febreiro de 2013, ocupou a xefatura da Cancillería do Primeiro Ministro. Desde 2011 foi ministro, membro do Consello de Ministros e Presidente do Comité Permanente do Consejo de Ministros. O 6 de maio de 2013 foi nomeado embaixador da República de Polonia en España e Andorra.
Descargar todas as imaxes