O Concello formou en autodefensa a 114 mulleres vítimas de violencia de xénero
Este venres, o alcalde visitou un dos cursos que ofrece o Equipo de Vixilancia e Apoio Policial (EVAP) da Policía Local de Vigo ás vítimas de violencia de xénero, a undécima edición dun programa que formou en defensa propia a 114 mulleres. Caballero anunciou que as bases municipais para o aluguer de vivendas incluirán a este colectivo.
Abel Caballero explicou que o curso en marcha -que remata o 31 de abril e forma en autodefensa a 11 mulleres- é o undécimo que realiza a sección da Policía Local especializada en violencia de xénero e aportou coñecementos de defensa propia a 114 mulleres.
Ao igual que acontece no Plan de Emprego Municipal, o alcalde anunciou que, cando estea en vigor o novo orzamento municipal, o colectivo será priorizado nas bases municipais para poder optar ao aluguer de vivendas, sempre e cando as mulleres presenten escasos recursos económicos.
Descargar todas as imaxes