Escoitar

O goberno local mantén unha xornada de traballo con voluntarios municipais de cara ao 2014

O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, explicou que a xuntanza deste martes permitirá dar a coñecer os cursos de formación que imparte o Concello aos voluntarios e recabar as suxerencias e demandas destes para mellorar a súa función. O edil recordou que, este ano, o goberno de Vigo engadiu cursos de coñecemento da cidade e de fomento da cultura.

martes, 8 abr 2014
1396957467santos.JPG
No edificio municipal de Areal, o concelleiro de Participación Cidadá mantuvo este martes unha xuntanza de traballo con voluntarios municipais de cara ao 2014.

Na nomeada reunión, o goberno local -que conta actualmente con 1.300 persoas inscritas na Oficina Municipal de Voluntariado- comunicou aos participantes a formación a impartir neste 2014, "importante" por dotar aos voluntarios de "coñecementos" e "profesionalidade" na materia antes de comezar coa súa función, ao tempo que recibe destes demandas e suxerencias para mellorar o servizo.

Santos Héctor recordou que os voluntarios realizan funcións en actividades municipais e en eventos que teñen lugar na cidade. O Concello ofrece programas de acompañamento, en eventos deportivos como a Vig-Bay, en citas sociais como a Cabalgata de Reis, de apoio a asociacións e persoas en concreto. Neste último ano engadiuse os de coñecemento da cidade, fomento da lectura e coñecemento de museos, música e teatro, que están a rexistrar unha "gran demanda", segundo apuntou o socialista.
Descargar todas as imaxes