Preto de 5.700 persoas asistiron ás actividades do Centro de Documentacion e da Casa das Mulleres en 2013
Isaura Abelairas presentou hoxe a programación das actividades que se desenvolverán no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo e na Casa das Mulleres ata o próximo mes de xuño. Durante o ano 2013, preto de 5.700 persoas participaron nas distintas iniciativas que este ano, como novidade, incluirán un certame de cine infantil.
A concelleira Isaura Abelairas avanzou hoxe a organización dun ciclo de cine infantil no Auditorio Municipal, con sesións gratuítas todos os sábados de maio. As sesións serán as 11,30 horas e os títulos elixidos correspondense con películoas nos q ueo papel protagonista e unha nena ou moza.
Tal e como explicou a concelleira de Muller en rolda de prensa, esta é a novidade da programación do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo e na Casa das Mulleres ata o próximo mes de xuño. Antes de detallar a programación, Abelairas apuntou que a memoria anual de 2103, recolle un preto de 5.700 asistenes ás distintas actividades, unha cifra que supón un incremento de 1.000 persoas respecto do ano anterior.
Ata xuño deste ano, o Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, continuará desenvolvendo distintas actividades, que acadaron éxito en edicións anteriores:
PRESENTACIÓNS DE LIBROS, unha presentación dun libro ao mes, quedan pendientes
En MAIO: o xoves 15 de maio ás 19.00 h presentación do libro " Sexualidad y Salud: el estudio de la sexualidad humana desde una perspectiva de género" das autoras María Lameiras, Mª Victoria Carrera Fernández e Yolanda Rodríguez Castro.
En XUÑO: o xoves 12 de xuño ás 19:00 h presentación do libro "Ámote Leo A." da autora Rosa Aneiros.
FALADOIROS DE LIBROS,o próximo será mañá mércores 9 de abril ás 19:00 h.
O faladoiro do libro "A regresión franquista. A muller durante o primeiro franquismo. Sección feminina en Ponteareas(1936-1955)" con María Victoria Martíns Rodríguez.
CAFÉS LITERARIOS DO CLUB DE LECTURA. Realízanse un mércores ao mes, neste período están previstos o 23 de abril e o 28 de maio. Neles participan as mulleres que previamente están inscritas no Club de Lectura.
O CLUB DE LECTURA, confórmano un grupo estable e permanente de persoas inscritas previamente. As persoas que forman parte deste grupo, reciben en préstamo os libros incluídos na programación.
As sesións realízanse o último mércores de cada mes.
O CLUB DE LECTURA, conta con relatoras diferentes cada mes, mulleres escollidas dos distintos ámbitos sociais e culturais da cidade (mestras, profesoras, universitarias, políticas, escritoras, sindicalistas, xornalistas,...)
VIDEOFORUM, organizado en colaboración coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo.
Neste período proxectaranse un total de 4 títulos, os pendientes por proxectar serán:
O día 22 de abril "La calumnia".Dir. Willian Hellman.
O día 22 de maio "Criadas y Señoras".Dir. Tate Taylor.
O día 17 de xuño "Las chicas de la lencería".Dir. Bettina Oberli.
CICLOS DE CHARLAS, " GALEGAS CON LENDA ".
O CICLO falará e lembrará a historia e vida de mulleres que fixeron historia en Galicia en distintas épocas.
Martes, 13 de maio ás 19:00 h Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar, falrán de : MARÍA BALTEIRA(S.XIII), MARÍA CASTAÑA ( S.XIV) e MARÍA SOLIÑA(S.XVII)
Martes, 20 de maio ás 19:00 h Carmen Saavedra Vázquez, falará de :
MARÍA PITA (1565-1643)
Martes, 27 de maio ás 19:00 h X.Eduardo Estévez Salazar, falará de :
EXERIA, a primeira muller escritora na Gallaecia (S.IV)
O obxectivo perseguido pola Concellería de Igualdade con todas as actividades que hoxe presentamos, dixo Abelarias, é crear e manter espazos estables de participación para as mulleres de Vigo, promover a existencia dun tempo e un espazo propio para as mulleres, fomentar o asociacionismo feminino, formar, así como sensibilizar e concienciar á ciudadanía en materia de xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Pola súa banda, a Casa das Mulleres, situada na rúa Romil, está aberta ás iniciativas e intereses das mulleres da cidade e das asociacións e colectivos que as representan. É un servizo para o uso e disfrute de todas as asociacións de mulleres de Vigo, alcanzando así un dos obxectivos pendentes deste Concello dende hai anos demandado en numerosas ocasións polos órganos de representación do movemento de mulleres e o tecido asociativo como é o Consello Municipal da Muller.
Este servizo é un espazo que da cabida aos proxectos do asociacionismo feminino local, é a sede e lugar de encontro de diversas asociacións de mulleres, facilita o desenvolvemento das súas actividades e nela lévanse a cabo xuntanzas, intercambios, exposicións, relatorios...
A Casa acolle distintas actividades para as súas usuarias: acceso gratuíto a internet, consulta de prensa diaria, formación, sensibilización e información en torno ao xénero e a igualdade de oportunidades, espazo para o encontro , exposicións, debate, análise e creación do pensamento feminista...
Conta para elo con tres aulas espaciosas, un distribuidor, unha oficina e un almacén-arquivo.
A programación da Casa das Mulleres ata o mes de xuño continuará desenvolvendo distintas actividades:
RELATORIOS, o próximo será o
Luns, 2 de xuño, ás 19:00 h sobre " Os primeiros Auxilios no verán"
OBRADOIROS FORMATIVOS. As persoas interesadas poderán inscribirse na Concellería de Igualdade nos seguintes obradoiros
" XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE", impartido pola psicóloga Rosa Faraldo,Psicóloga.
Obxectivo: visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.
" PAUTAS PARA EXERCITAR E MELLORAR A AUTOESTIMA", impartido por Carmen Clavería Prada, Psicóloga.
Obxectivo: favorecer distintas pautas, hábitos e desenvolvemento de habilidades que favorezan a mellora da autoestima das mulleres.
"LIDERADO FEMININO A TRAVÉS DA COMUNICACIÓN",impartido por Llerena Perozo Porteiro, experta en comunicación e xénero
Obxectivo: mellorar a capacidade do liderado feminino a través dunha comunicación eficaz; perder o medo a falar en público; aprender a comunicar con éxito; falar para convencer e exercer o liderado dende nós.
UN CLUB DA RISA, coa finalidade de promover a saúde física, mental, emocional e social a través da risa, o club fomenta o desenvolvemento de fortalezas humanas como a risa, a creatividade, o optimismo, a empatía, facendo especial fincapé en sentimentos positivos como o autoaprecio, a cooperación e a alegría de vivir.
AULA ABERTA DE INTERNET, posta en marcha no 2012 e ampliada agora a 4 tardes á semana.
Con un apoio directo a aquelas mulleres que queiran achegarse ao mundo das novas tecnoloxías.
UNHA SALA DE EXPOSICIÓNS CUNHA PROGRAMACIÓN QUINCENAL, por exemplo a partir do próximo 28 de abril e ato ao 15 de maio estará a mostra "A VIOLENCIA DE XÉNERO NO MUNDO DO COMIC", elaborada pola Unidade de Igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Cádiz.
O Centro de Documentación e Recursos Feministas, situado na rúa Joaquín Yáñez, é un servizo municipal adscrito ao servizo de Igualdade, inaugurado en marzo do ano 2010. É un servizo de xestión de información, documentación, e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas.
Este centro recolle a documentación recompilada pola extinta asociación "GECM-Alecrín" desde os anos 80 e o fondo documental xerado pola concellería de Igualdade de Vigo. Entre os seus servizos ofrece: atención directa, consulta de documentación en sala, prestamo a domicilio, asesoramento documental...
Ademais, co obxecto de dinamizar o espazo e achegalo á ciudadanía, o Centro programa numerosas e diversas actividades con carácter periódico.
O fondo documental está composto por máis de 9.000 referencias, mais de 100 títulos de publicacións periódicas, material audiovisual, folletos, carteis...
Desde a súa inauguración planifícase, difúndese e realízase unha programación estable Promovendo e potenciando: clubes de lectura, presentacións de libros, ciclos de charlas, videoforums, etc
Descargar todas as imaxes