Escoitar

O goberno local aproba o proxecto da "gran reforma"de Balaídos por 4,2 millóns

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao "proxecto de gran reforma de Balaídos" que conta cun orzamento de 4,2 millóns de euros, para as dúas primeiras fases. Respecto do finanzamento da remodelación total do estadio, o rexedor anunciou hoxe que lle vai facer unha petición de colaboración á Xunta de Galicia, á Zona Franca e ao Consello Superior de Deportes, ademais da Deputación de Pontevedra.

mércores, 30 xul 2014
O proxecto da "gran reforma de Balaídos xa é unha realidade", tal e como confirmou o rexedor, logo que de a Xunta de Goberno Local aprobara un orzamento de 4,2 millóns de euros para as fases 1 e 2 do proxecto. Á hora de financiar a reforma integral do estadio, o rexedor "deulle a benvida a todas as administracións que queiran sumar" , en alusión ao anuncio da Deputación de Pontevedra, e avanzou que lle vai facer unha petición expresa de colaboración económica á Xunta de Galicia, Zona Franca e ao Consello Superior de Deportes.

Segundo explicou o alcalde, na primeria fase das obras acometeráse o reforzo estrutural dos contrafortes exteriores da grada de Río, a substitución da cuberta e o acondicionamento xeral do estadio, cun prazo de execución de 4 meses. Respecto da segunda fase, que se prolongará seis meses, farase a renovación da fachada de Río e o acondicionamento xeraldo estadio coa mellora dos percorridos de evacuación e reparacións estructurais no interior do estadio.