Silva invita á cidade á inauguración do baluarte da muralla de O Castro o próximo xoves 31 de xullo
A concelleria de Patrimonio Histórico, Carmela Silva, avanzou esta mañá que o próximo xoves 31 de xullo, ás 12,00 horas, inaugurarase o baluarte da muralla de O Castro construida a mediados do século XVII. En rolda de prensa, a tenene de alcalde tamén anunciou que o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Mirambel estará incluido no programa "A Noite Branca" polo que permanecerá aberto o día 8 de agosto de 20,00 a 02,00 horas.