xoves, 31 xul 2014
O alcalde asinou este acordo polo que a administración local achega 20.000 euros á entidade para a prestación do servizo de intérprete de lingua de signos, comprometéndose a Asociación a realizar actividades que faciliten a comunicación directa aos discapacitados auditivos.
xoves, 31 xul 2014
A proposta municipal para o público familiar congregou onte mércores, na súa primeira xornada, a máis de 2.000 persoas no espectáculo Dubbi Kids, unha cifra récord para este tipo de oferta ao aire libre. Con "Cativo-Musicais", o Concello recupera o auditorio de Castrelos como lugar de referencia para o público familiar, tras décadas sen esta programación.
xoves, 31 xul 2014
Dentro das Festas de Verán esta semana está programada actuacións de "Animacións de Rúa" nos enclaves de Porta do Sol, rúa do Príncipe e Montero Ríos a partir das 20:30 horas. LEMBRANZAS GALEGAS (xoves 31 de xullo); ANDARELA (venres 1 de agosto) e COTOGRANDE (sábado 2 de agosto).