martes, 29 xullo 2014

Concerto de Malú no auditorio de Castrelos

martes, 29 xul 2014

Malú, a popular "coach" de "La Voz" e "La Voz Kids" e a indiscutíbel voz do pop español actúa en Vigo o martes 29 de xullo,ás 22:30 horas, en Castrelos presentando a súa xira "Sí" cunha espectacular montaxe visual. A popular cantante presenta o seu novo traballo ademais de facer un repaso polos éxitos cos que leva triunfando desde que comezou a súa carreira, con tan só 15 anos.

ANIMACIÓNS DE RÚA

martes, 29 xul 2014

Dentro das Festas de Verán esta semana está programada actuacións de "Animacións de Rúa" nos enclaves de Porta do Sol, rúa do Príncipe e Montero Ríos a partir das 20:30 horas. Participan os grupos:<br /> AIRIÑOS DO COTO (luns 28 de xullo); SEMENTE DE ARTE GALEGA (martes 29 de xullo); OS VENTOS DE COMESAÑA (mércores 30 de xullo); LEMBRANZAS GALEGAS (xoves 31 de xullo); ANDARELA (venres 1 de agosto) e COTOGRANDE (sábado 2 de agosto).<br />