O goberno local rebaixou a presión fiscal nun 1,8% desde xaneiro de 2013
A Xunta de Goberno Local deu luz verde a unha rebaixa fiscal dun 1,4% no IBI, Vehículos e Lixo, unha baixada que á que hai que sumar a conxelación real de todas as taxas e prezos públicos, ademais de elevar nun 2,8 os mínimos exentos. Ista diminución progresiva da presión fiscal na cidade supón que desde xaneiro de 2013, a carga fiscal baixará no 2015 en Vigo un 1,8%, tendo en conta que o IPC foi do 0,4%.