mércores, 30 xul 2014
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao "proxecto de gran reforma de Balaídos" que conta cun orzamento de 4,2 millóns de euros, para as dúas primeiras fases. Respecto do finanzamento da remodelación total do estadio, o rexedor anunciou hoxe que lle vai facer unha petición de colaboración á Xunta de Galicia, á Zona Franca e ao Consello Superior de Deportes, ademais da Deputación de Pontevedra.
mércores, 30 xul 2014
Caballero deu conta este mércores da aprobación en Xunta de Goberno Local dos últimos trámites administrativos previos ao inicio das obras de reforma no entorno de Churruca e Don Bosco, por importe superior ao millón de euros. O alcalde salientou as decenas de postos de traballo xerados nestas dúas actuacións.
mércores, 30 xul 2014
O alcalde asinou un convenio coa responsable de Érguete para contratar 49 coidadores de barrio que este ano amplían a súa presencia na cidade e traballarán no Casco Vello, Calvario, Teis, Balaídos-Praza de América e en Bouzas. O goberno local adica 947.000 euros a un programa que se alongará ata o verán de 2015.
mércores, 30 xul 2014
O alcalde de Vigo anunciou hoxe que a partir de 2015 o Auditorio Mar de Vigo contará cunha sala de estudo de 200 m2. Así llo transmitiu esta mañá aos representantes de alunmnos da Universidade que durante un encontro lle solicitaron máis espazos de lectura na cidade.
mércores, 30 xul 2014
O alcalde asinou esta mañá un convenio de colaboración con CCOO para apoiar o desenvolvemento das dúas actividades para o ano 2014. O montante do acordo alcanza os 15.000 euros.
mércores, 30 xul 2014
Abel Caballero, alcalde de Vigo, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron hoxe no seu despacho da Alcaldía a Sebastián "Chano" Rodríguez, que este venres viaxa a Eindhoven para disputar o Campionato de Europa de natación adaptada no Estadio Acuático Pieter van dean Hoogenband.
mércores, 30 xul 2014
Jaime de Haz Iraurgui, flamante campión do mundo sub 23, ofreceu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a medalla de ouro conquistada no Mundial de Varese co bote catro sen timoeiro, no transcurso da recepción oficial ao remeiro do Real Club Náutico de Vigo.
mércores, 30 xul 2014
A popular cantante madrileña abarrotou o Auditorio de Castrelos de Vigo, o cal segundo fontes da policía local rexistro un cheo histórico, superando os 30.000 espectadores.
mércores, 30 xul 2014
A programación de festas do Concello inclúe a proxección da comedia "Encallados" que os vigueses e viguesas poderán ver mañá xoves 31 de xullo no Auditorio Municipal a partir das 20,30 horas. Dirixido por Alfonso Zarauza, o film está a percorrer teatros e auditorios de toda Galicia, con grande éxito de público e de crítica.
mércores, 30 xul 2014
O auditorio de Castrelos é o escenario principal da programación das festas de verán para o público infantil coas actividades de "CATIVO-MUSICAIS". A primeira das actuacións é o mércores, 30 de xullo (20:00 h): DUBBI KIDS "Bailando con el ratón Pérez". Un espectáculo interactivo con cancións moi participativas cantadas en directo para non parar de bailar. DURACIÓN: 70 minutos. Acceso libre ata completar a capacidade do recinto.
mércores, 30 xul 2014
Dentro das Festas de Verán esta semana está programada actuacións de "Animacións de Rúa" nos enclaves de Porta do Sol, rúa do Príncipe e Montero Ríos a partir das 20:30 horas. Participan os grupos:<br />
AIRIÑOS DO COTO (luns 28 de xullo); SEMENTE DE ARTE GALEGA (martes 29 de xullo); OS VENTOS DE COMESAÑA (mércores 30 de xullo); LEMBRANZAS GALEGAS (xoves 31 de xullo); ANDARELA (venres 1 de agosto) e COTOGRANDE (sábado 2 de agosto).