Escoitar

Caballero di que o ouro do remeiro Jaime de Haz é "magnífico" e que o Concello apoia "a todos os deportistas importantes"

Jaime de Haz Iraurgui, flamante campión do mundo sub 23, ofreceu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a medalla de ouro conquistada no Mundial de Varese co bote catro sen timoeiro, no transcurso da recepción oficial ao remeiro do Real Club Náutico de Vigo.

mércores, 30 xul 2014
1406737292jaime.JPG
Caballero, que recibiu no seu despacho ao mundialista acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, interesouse polo desenvolvemento do campionato e a traxectoria futura do deportista vigués, que acudiu á cita coa súa nai De Haz. Durante o encontro, o rexidor, que tivo nas súas mans a medalla, non aforrou palabras de recoñecemento cara ao remeiro. "Esta é como unha medalla absoluta, é de máximo nivel", indicoulle. De Haz, que terá este mes de agosto para descansar, voltará aos adestramentos en setembro. O vigués explicou a alcalde e concelleiro que a vindeira tempada pelexará cos seus compañeiros por entrar no bote absoluto. "Este resultado é magnífico. Temos un futuro campión do mundo absoluto", díxolle Caballero. E o futuro chámase Río 2016.

O Concello xa estivo representado polo edil de Deportes, Manel Fernández, na recepción que o Náutico fixo ao seu medallista este luns, pero tanto Caballero como o concelleiro desexaban tamén homenaxear ao campión en representación de toda a cidadanía.

"Miraremos o apoio dun deportista desta envergadura como facemos con todos os deportistas importantes da cidade", sinalou o alcalde.
Descargar todas as imaxes