Escoitar

O alcalde asina un convenio con Érguete para contratar 49 coidadores de barrio

O alcalde asinou un convenio coa responsable de Érguete para contratar 49 coidadores de barrio que este ano amplían a súa presencia na cidade e traballarán no Casco Vello, Calvario, Teis, Balaídos-Praza de América e en Bouzas. O goberno local adica 947.000 euros a un programa que se alongará ata o verán de 2015.

mércores, 30 xul 2014
1406737038erguete.JPG
Abel Caballero e a responsable de Érguete, María del Carmen Avendaño, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para contratar 49 coidadores de barrio, un programa que este ano se amplía a cinco zonas da cidade: Casco Vello, Calvario; Teis, Balaídos-Praza América e Bouzas. En posteriores declaracións aos medios, Caballero avanzou que nos orzamentos municipais do próximo ano se incorporarán máis barrios a esta iniciativa, iniciada no Casco Vello, xa que "recibimos unha gran demanda" deste servizo, aclarou.

O Concello adica 395.000 euros en 2014 e outros 540.000 euros no próximo ano para atender desde hoxe e ata o verán de 2015 ás xentes dos nomeados barrios. O equipo está formado por 30 coidadores con presenza nas rúas e persoal de dirección, psicólogos, educadores sociais e, como novidade, unha brigada de apoio para necesidades específicas nas parroquias. Os coidadores proporcionan "proximidade", explicou Caballero, aos veciños, atención a residentes e incluso axuda a persoas con dificultades de empregabilidade.
Descargar todas as imaxes