Escoitar

O Concello impulsa un proxecto para mellorar a eficiencia e o aforro enerxético nas vivendas

O alcalde rubricou este venres o convenio, no que participan Gas Natural, FAIMEVI, Foncalor, Instalectra, APEC e Asemaco, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética nos edificios de vivendas da cidade. Gas Natural movilizará 12 millóns no financiamento das reformas e os usuarios recuperarán o investido co aforro da enerxía dos seguintes cinco anos, segundo explicou Caballero.

venres, 14 feb 2014
1392383004convenio.JPG
Abel Caballero asinou este venres o acordo cos representantes das nomeadas entidades, convenio que presenta o obxectivo de desenvolver accións nos edificios de vivendas da cidade para gañar en eficiencia enerxética, singularmente mellorando as instalacións comúns de utilización da enerxía -tanto térmica como eléctrica-, así como calquera outra medida que contrinúa á reducción da demanda enerxética e das emisións de CO2. Como exemplos de actuacións posibles figuran a substitución das caldeiras por outras máis eficientes, o uso de combustibles menos contaminantes, a instalación de sistemas solares térmicos e a mellora dos sistemas de iluminación.

Para o alcalde trátase dun acordo "certamente interesante" que movilizará "12 millóns de euros". Explicou Caballero que Gas Natural "estuda e financia a estanqueidade dos edificios" e a instalación dunha "nova caldeira e o novo sistema calefactor". Os usuarios recuperan o investimento inicial co aforro derivado da enerxía durante os seguintes cinco anos. O rexedor estimou que uns 800 bloques de vivendas en Vigo poderán beneficiarse deste programa, con "coste cero" para os usuarios, e doce millóns para a xeración de emprego na cidade.
Descargar todas as imaxes