venres, 14 feb 2014
O alcalde rubricou este venres o convenio, no que participan Gas Natural, FAIMEVI, Foncalor, Instalectra, APEC e Asemaco, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética nos edificios de vivendas da cidade. Gas Natural movilizará 12 millóns no financiamento das reformas e os usuarios recuperarán o investido co aforro da enerxía dos seguintes cinco anos, segundo explicou Caballero.
venres, 14 feb 2014
A Xerencia municipal de Urbanismo adxudicou o contrato de realoxo temporal urxente nunha vivenda municipal na rúa Anduriña, contrato que foi asinado este mesmo venres pola tenente de alcalde, Carmela Silva. O alcalde recordou que o borrador de orzamentos do Concello inclúe 600.000 euros para axudas ao alquiler de persoas con poucos recursos.
venres, 14 feb 2014
A Xunta de Goberno Local aprobou o proceso de selección do programa Vigo Emprega 2014 que permitirá crear 100 postos de traballo durante seis meses. O millón de euros desta iniciativa forma parte dos 5,3 millóns que o goberno local consignou para emprego no documento de orzamentos de 2014.
venres, 14 feb 2014
A Concellería de Cultura e Festas, xunto coa comisión organizadora do ENTROIDO 2014, composta pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais maila Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", convoca os tradicionais concursos incluídos no programa, que terá lugar do 28 de febreiro ao 5 de marzo.
venres, 14 feb 2014
Esta fin de semana continúa no Patio 1 da planta baixa do MARCO ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cinema comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Nesta ocasión, coa proxección do filme VidaExtra, de Ramiro Ledo.Pases o venres 15 e sábado 16 de febreiro, ás 19.30.