Escoitar

Caballero acepta a proposta de irmanamento de Vigo e a cidade mexicana de Celaya

Caballero avanzou a súa vontade de aceptar a proposta de irmanamento coa cidade mexicana de Celaya tal e como lle solicitou por carta o alcalde da mesma, a través de empresarios locais. O rexedor explicou as ventaxes que pode ter compartir sinerxias empresarias e comerciais co principal polo de crecemento do pais azteca que, ademais, ten unha grande industria da automoción que xa mantén relacións comerciais con Vigo.

xoves, 13 feb 2014
1392302554celaya.JPG
Abel Caballero acepta a proposta do alcalde da cidade Celaya de fomentar o irmanamento entre ambas urbes entre as que xa existe moita relación comercial e empresarial. O obxectivo, explicou, vai máis alá do fortalecemento dos vínculos institucionais, xa que supón incrementar un fluxo económico "que xa se está a producir pola vía dos feitos".

Celaya, no centro de México, está situada no cruce de redes viarias que van de Canadá á Patagonia e desde o Pacífico ao Atlántico. Trátase "dun gran eixo de camiños e do principal polo de crecemento do país azteca" grazas, en grande parte, á automoción, con 4 grandes empreasas norteamericanas e xaponesas que fabrican máis dun millón e medio de coches anualmente, que se venden en Norteamérica. Neste punto, o rexedor destacou a existencia na actualidade de relacións con empresas e institutos de investigación de Vigo como o Ceaga ou o Cetag, o que aumenta o interese por fomentar a relación institucional, tal e como lle solicitaron esta mañá os empresarios Alvaro Álvarez Blazquez e José Philippot, responsables de entregarlle a carta do alcalde de Celaya, Ismael Pérez Ordaz.

Caballero avanzou a súa vontade de responder positivamente á proposta do seu homólogo mexicano, e destacou que a cidade tamén ten relación co país azteca a través de Pémex.
Descargar todas as imaxes