Escoitar

O alcalde amósase "satisfeito" co novo proxecto de Novagalicia Banco, "axeitado ás necesidades deste territorio"

Caballero entrevistouse este mércores con Juan Carlos Escotet, presidente de Banesco -novo propietario de Novagalicia Banco-, e con Francisco Botas, conselleiro delegado do Banco Etcheverría Grupo Banesco, cita da que o alcalde saíu "moi satisfeito e coa absoluta convicción de que se está a desenvolver un proxecto bancario da maior importancia para Vigo, para as familias e para as empresas".

mércores, 12 feb 2014
1392225935escotet.JPG
O alcalde de Vigo definiu o novo proxecto bancario de Novagalicia como "serio, ben dimensionado e axeitado ás necesidades deste territorio", en declaracións realizadas ao remate da entrevista que mantivo esta mañá cos responsables do Grupo Banesco.

Segundo afirmou Caballero, Juan Carlos Escotet e Francisco Botas prestarán na área viguesa "atención bancaria á industria, ás familias e a todo o desenvolvemento económico do gran Vigo", ante o que o rexedor trasladou a súa "satisfacción". Igualmente valorou Caballero que unha das prioridades da nova dirección sexa a resolución do problema das preferentes, unha vocación que quedou "patente" na reunión celebrada hoxe na Alcaldía.

O alcalde trasladou aos novos propietarios de Novagalicia Banco o "apoio" do goberno de Vigo a un proxecto financeiro que quere formar "parte activa do desenvolvemento da economía de Vigo e de Galicia".
Descargar todas as imaxes